As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 2.881 tras seis novos falecementos

Os falecementos rexistráronse na Coruña e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/01/2022 | Actualizada ás 22:41

Comparte esta noticia

A listaxe de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia elevouse a 2.881 despois de que nas últimas horas falecesen outras seis persoas diagnosticadas con coronavirus.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Delas, segundo informa a Consellería de Sanidade, tres morreron mentres estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC): unha muller de 96 anos e dous homes de 70 e 88.

As tres restantes faleceron na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras: dous homes de 77 e 75 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e unha muller, de 98, no seu domicilio da cidade das Burgas.

Estas seis novas vítimas, segundo precisa Sanidade, presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta