O 88,3% da poboación galega ten xa pauta completa

O Sergas puxo outras 21.200 doses contra a Covid en Galicia este domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2022 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación contra a Covid-19 continúa en Galicia coa administración doutras 21.200 doses, das cales unhas 480 foron para completar pautas, o que eleva ao 88,3 por cento a poboación de Galicia co proceso finalizado.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns no 'Cronómetro de Vacinación' con datos de ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, ascenden a 6.291.596 as doses administradas ata o momento, despois de ser postas 21.250 a xornada pasada.

Desas 21.250, un total de 487 foron para completar pautas, polo que ascenden a 2.384.277 as persoas de Galicia con pauta completa, que constitúen un 88,3 por cento do conxunto dos seus cidadáns.

POBOACIÓN INFANTIL

En canto á vacinación infantil --os datos de Sanidade non separan o grupo etario da poboación pediátrica en proceso de inmunización de 5 a 11 anos--, foron vacinados ata o momento 115.008 menores de 10 a 14 anos, que supoñen tres máis que os rexistrados ata o día anterior; e 83.576 de 5 a 9 anos, cinco máis.

Varios nenos acoden a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, a 15 de decembro de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varios nenos acoden a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, a 15 de decembro de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta