Goberno local da Coruña e Marea Atlántica inician os contactos para un plan municipal polo dereito á vivenda

Destinarán máis de nove millóns de euros a políticas de vivenda no orzamento de 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2022 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O Goberno local e a Marea Atlántica convocan este mércores a primeira reunión dunha Mesa Social, á que están invitadas diversas entidades para elaborar o Plan municipal polo dereito á vivenda 2022-2026.

A cita, segundo informan, será ás 11,30 horas, no Centro Cívico dos Mallos, e contará coa participación do concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada; da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira; e da portavoz e viceportavoz municipais da Marea Atlántica, María García e Iago Martínez.

Esta iniciativa forma parte do acordo para o impulso de medidas polo dereito á vivenda, asinado polo goberno municipal e o grupo da Marea Atlántica o pasado 29 de decembro.

"E que suporá dedicar máis de nove millóns de euros a políticas de vivenda no orzamento de 2022", sinalan tanto o goberno local como a Marea Atlántica.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, ofrece unha rolda de prensa tras a Xunta de Goberno. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, ofrece unha rolda de prensa tras a Xunta de Goberno. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta