O Concello da Coruña promove unha nova campaña para a reutilización de envases na hostalaría

A experiencia piloto da iniciativa desenvolveuse entre os días 16 e 22 do pasado mes de decembro.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/01/2022 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente, organiza desde este luns a segunda edición da campaña 'Coffee: un vaso, moitos cafés', ideada para sensibilizar á cidadanía na redución de residuos, apostando polos envases reutilizables na hostalaría e para substituír os vasos dun só uso.

Esta iniciativa contou cunha experiencia piloto entre os días 16 e 22 do pasado mes de decembro, no marco da Semana Europea para a Prevención de Residuos. Nese período, obsequiouse á clientela do cinco cafetarías colaboradoras cun vaso metálico reutilizable de café para levar.

Ao final da campaña, os establecementos adheridos á proposta da Concellaría de Medio Ambiente estimaron que o 80% dos vasos reutilizables entregados nos días nos que a proposta estivo en marcha estiveron a ser empregados de maneira habitual á hora de pedir café para levar.

Este luns, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asistiu, na Cidade Vella, á posta en marcha da segunda edición da campaña, que estará activa ata fin de existencias dos vasos reutilizables.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta