O Ministerio de Cultura presenta un recurso interactivo para Primaria sobre os Camiños do Santiago

Presenta o libro interactivo 'Cinco no Camiño'.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/01/2022 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O Ministerio de Cultura e Deporte publicou este luns, Día Internacional da Educación, o libro interactivo 'Cinco no Camiño', un recurso didáctico en liña dedicado aos Camiños do Norte Peninsular e deseñado para alumnos de 5º e 6º de Educación primaria.

Dúas persoas realizan o Camiño de Santiago, a 15 de xuño de 2021, en Portomarín, Lugo
Dúas persoas realizan o Camiño de Santiago, a 15 de xuño de 2021, en Portomarín, Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Incluído no Programa Oficial de Actividades do Xacobeo 2021-22, este recurso foi coordinado polo Consello Xacobeo do Ministerio de Cultura e Deporte e participaron Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa e País Vasco, comunidades autónomas polas que discorren as rutas do norte.

Segundo explica a Delegación do Goberno en Galicia, o libro interactivo conta a historia de Cova, Eneko, Nando, Amina e Xiana, cinco mozos e mozas elixidos para participar nun proxecto que lles permitirá vivir a aventura de realizar sós o Camiño da Costa e elaborar posteriormente unha guía de viaxe. O grupo é tutelado por Lucía, unha enxeñeira ambiental que viaxa con Gaia, un prototipo de vehículo ecolóxico que ela mesma creou.

O obxectivo desta publicación en liña é fomentar nos alumnos da última etapa de Educación primaria o coñecemento polo patrimonio cultural, artístico e natural do Camiño de Santiago, ademais de promover os valores da interculturalidade, o ecoloxismo, a igualdade de xénero e a tolerancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta