Feijóo sae en defensa do rei emérito

O presidente da Xunta di que lle "sabe mal" que Juan Carlos I resida fóra de España, xa que non hai "ningunha causa específica que o inhabilite para ser rei emérito".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 24/01/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez-Feijóo, admitiu este luns que lle "sabe mal" que Juan Carlos I resida fóra de España, unha opinión que cre que comparte a maioría de españois, dado que non hai "ningunha causa específica que o inhabilite para ser rei emérito". Aínda que asegurou que hai membros do Executivo de PSOE e Unidas Podemos "encantados" con esta situación, subliñou que "non é a mellor imaxe para España nin para o Goberno español".

Juan Carlos de Borbón e Francisco Franco
Juan Carlos de Borbón e Francisco Franco | Fonte: EFE

Así se pronunciou Feijóo nunha entrevista en LaSexta ao ser preguntado se considera que Juan Carlos I debería estar en España, como defende por exemplo o expresidente Mariano Rajoy, ou se cre que, regrese ou non, debería dar explicacións aos españois.

Feijóo sinalou que as decisións que Juan Carlos I "tomou como xefe do Estado maioritariamente foron beneficiosas para España", aínda que recoñeceu que "as decisións a nivel persoal ou na súa vida privada", "pódense discutir".

"Pero o que si me sabe mal, supoño que a todos os españois lles sabe mal, é ter ao ex-xefe do Estado vivindo fóra de España e, de momento, sen saber moi ben por que, polo menos desde o punto de vista obxectivo", resaltou.

Neste sentido, afirmou que "un país que se prece, os temas debe resolvelos dentro e non extrapolar os problemas internos", aludindo despois ao feito de que ministros e cargos de Podemos estean a favor de que non volva a España a pesar de non ter causa aberta.

"Creo que non é a mellor imaxe para España nin para o Goberno español nin para os españois esta situación, pero vexo que hai moita xente no Goberno que está encantada con esta situación e, ademais entende que o rei emérito non pode volver a España aínda que non teña neste momento ningunha causa específica que o inhabilite para ser rei emérito como é actualmente", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 obispo de mondoñedo

Canta razon ten... e que non ha dereito cun fillo bote o pai fora da casa... ¿pero a onde imos ir parar? a culpa ten que ser do felipes...

1 Escarnasedo

O Feixoo está como quere. Ataque en público ao galego, facherío desemedido e apoio ao Rei. Inda por riba de Governar consegue impoñer unha ideoloxía antigalega. Pontón non está á altura. Pontón non é unha lider á altura de Lidia Senra, Ana Miranda, Olaia Fernández Davial ou Alexandra Fernandez.