A maior eléctrica de Portugal quere prohibir visitar a aldea pantasma de Aceredo, sumerxida no Encoro de Lindoso

Instou aos rexedores de Lobios e Entrimo a que prohiban a entrada neste pobo que se converteu nun polo turístico pola falta de chuvias.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/01/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A gran seca que está a sufrir o norte de Portugal e boa parte de Galicia pola falta de chuvia fixo saltar as alarmas no país veciño. De feito, é tan importante no Encoro do Alto Lindoso, entre Ponte da Barca (Portugal) e Lobios (Ourense), que Eléctrica de Portugal (EDP) instou aos alcaldes galegos da raia a que prohiban as visitas á antiga aldea somerxida de Aceredo, no lado galego do río Limia.

Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo
Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo | Fonte: Gonzalo Blanco

A decisión, avanzada pola RTP, ten que ver co anormalmente baixo caudal deste curso de auga en pleno mes de xaneiro. De acordo coa televisión pública portuguesa, citando fonte da EDP, a enerxética envioulle un email aos alcaldes de Lóbios e de Entrimo, solicitando colaboración para sensibilizar os visitantes para que non se despracen até á aldea-pantasma.

ALCALDES EN CONTRA

Mais os alcaldes non concordan. Ramón Alonso, alcalde de Entrimo, salientou á RTP que o municipio galego "non ten ningunha competencia para actuar nun territorio que está baixo a protección dunha empresa portuguesa". "Non ten sentido que pidan ao concello para gardar pola seguranza dun lugar, cando  a responsabilidade por ese mesmo lugar é da exclusividade da EDP", engadiu.

Tamén Mari Carmen Yáñez, alcadesa de Lóbios, non acatará a petición, destacando que "os únicos responsable por eventuais danos no resto das casas son os titulares delas, ou sexa, a EDP".

Casas da aldea de Aceredo, sumerxida no encoro de Lindoso
Casas da aldea de Aceredo, sumerxida no encoro de Lindoso | Fonte: Gonzalo Blanco

A alcaldesa revelou que pedirá ao Goberno español unha investigación para entender se os niveis mínimos do encoro están mesmo a ser cumpridos, conforme garantiu a EDP á RTP e ao xornal Minho (xa por dúas veces, en outubro e en xaneiro).

A enerxética garantiu estar a tratar da "implementar medidas no terreo que axuden" a subir o nivel da auga, mais non informa sobre cales son esas medidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta