As "Tanchungueiras" toman o centro de Madrid

O grupo galego presenta unha intelixente e humorística campaña publicitaria en pleno centro de Madrid.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 25/01/2022 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

"TANCHUNGUEIRAS...Hasta para los nombres más chungos de pronunciar -non hai fronteiras-". Esta é o lema dunha novidosa e intelixente campaña publicitaria que a empresa PlayPlan instalou na rúa de Alcalá, en pleno centro de Madrid.

Cartaz das Tanxugueiras en pleno centro de Madrid
Cartaz das Tanxugueiras en pleno centro de Madrid | Fonte: @Diego_BGrx

Así, unha gran faixa, na que se poden ver ás tres intérpretes das Tanxugueiras, Aida, Olaia e Sabela, está causando sensación e sorpresa na capital española. De feito, a imaxe xa comezou a ser viral e xoga coa dificultade que o nome do grupo está causando no resto do Estado.

O obxectivo da campaña é promocionar ao grupo galego en vísperas da súa participación no decisivo Benidorm Fest, onde se decidirá quen representará a España en Eurovisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta