A nova edición do bono turístico da Xunta centrarase en meses nos que "máis baixa a demanda"

Alfonso Rueda asegurou que se ía manter unha "achega importante" por parte da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que están xa pechadas co Clúster Turismo de Galicia "as características fundamentais" que terá a nova edición do bono turístico anunciada a semana pasada, que neste 2022 estará destinado nos meses "que máis baixa a demanda".

En declaracións aos medios este martes, o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo avanzou que esta nova edición, que espera "nun par de meses poder convocar", tratará de concentrarse nos "meses que faltan ata verán" e "despois a partir de setembro".

O vicepresidente galego, Alfonso Rueda
O vicepresidente galego, Alfonso Rueda | Fonte: Isabel Infantes - Europa Press.

Ademais, Rueda dixo que poderían "variar" as porcentaxes de achega de fondos das anteriores, nas que o 60 por cento do bono viña da Administración e o 40 restante, do usuario. Iso si, prometeu manter unha "achega importante" por parte da Xunta.

"O ano pasado acabouse en 12 horas. Esperamos que este ano a demanda sexa parecida", desexou o vicepresidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta