A Xunta destaca que en 2021 se crearon máis empresas que antes da pandemia

Constituíronse unha media de 11 empresas ao día, ata as 3.927.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/01/2022 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, destacou que no ano 2021 constituíronse unha media de 11 empresas ao día en Galicia, ata as 3.927, o que supuxo un 20% máis que en 2020. Ademais, segundo dixo, superáronse as cifras previas á pandemia xa que no ano 2019 constituíronse un total de 3.792 empresas.

Francisco Conde
Francisco Conde | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o sinalou este mércores no Parlamento de Galicia, en resposta a unha interpelación formulada polo deputado do Bloque Ramón Fernández, quen demandou ao Goberno galego "plans e actuacións decididas" para defender e consolidar a industria e afeou ao PPdeG que nos "case 13 anos de goberno de Feijóo" perdéronse " máis de 12.000 empregos" na industria galega.

En fronte, o vicepresidente económico, que acusou aos nacionalistas de querer a "nacionalización" de empresas, defendeu un modelo no que, a través da "colaboración público-privada" e "co sector privado como motor de crecemento", a economía de Galicia "siga evolucionando positivamente".

Neste sentido, Francisco Conde tamén destacou que a Xutna impulsa diferentes proxectos facilitando a tramitación administrativa e ten nestes momentos declaradas prioritarias sete iniciativas empresariais de empresas como Cortizo, Albo, Sogama e Ignacio González Montes, entre outras.

"Todas elas suman investimentos por 120 millóns de euros e un compromiso de creación de 432 postos. Son proxectos concretos que nestes momentos están a tramitar con axilidade porque temos unha lei de simplificación administrativa", apuntou para destacar que a Xunta "seguirá ofrecendo incentivos para que os proxectos da candidatura galega poidan optar a fondos europeos".

Pola súa banda, na sesión, o parlamentario do Bloque urxiu solucións ante a "crise industrial" que atravesa Galicia no canto de "limitarse a desenvolver políticas que se reducen a acompañar aos traballadores e traballadoras á porta de saída ou á precarización".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta