Os finalistas dos Mestre Mateo chegarán a 20 concellos das catro provincias

As proxeccións terán lugar de forma simultánea.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/01/2022 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Os finalistas dos Premios Mestre Mateo chegarán a unha vintena de concellos das catro provincias da man das deputacións en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. O Ciclo Mestre Mateo foi presentado este mércores en catro roldas de prensa simultáneas en cada unha das sedes das deputacións provinciais de Galicia.

A deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, participa na presentación do ciclo de cinema Mestre Mateo
A deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, participa na presentación do ciclo de cinema Mestre Mateo | Fonte: Europa Press.

Trátase dunha iniciativa que achegará os proxectos finalistas dos Premios Mestre Mateo a cidades e vilas das catro provincias. En total, serán vinte os concellos que formarán parte do ciclo.

Alí poderán gozar cada mes de proxeccións dos candidatos a facerse cun galardón na vixésima gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o próximo 19 de marzo.

As proxeccións terán lugar de forma simultánea nas 20 localidades que acollen o proxecto. A entrada será gratuíta e a programación definitiva será detallada nunha web creada para a iniciativa --ciclomestremateo.gal--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta