A Universidade da Corula non celebrará por segundo ano consecutivo a festividade de Santo Tomás pola pandemia

Por E.P. | A Coruña | 26/01/2022 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña (UDC) non celebrará este venres, 28 de xaneiro, Día da Universidade, festividade de San Tomás de Aquino, o acto institucional en que se recoñece ao alumnado sobresaliente debido á pandemia. Farao por segundo ano consecutivo, segundo informa o reitorado.

A UDC entrega os premios a estudantes no Día da Universidade
A UDC entrega os premios a estudantes no Día da Universidade | Fonte: UDC.

O Día da Universidade celébrase facendo entrega dos premios ao alumnado distinguido polo seu esforzo tanto no acceso á universidade, como nos estudos de grao, máster e doutoramento.

"Nesta ocasión, co fin de evitar posibles riscos innecesarios de contaxio entre o alumnado e as súas familias, non se entregará nun acto oficial senón que os diplomas correspondentes entregaranse nas administracións dos centros de cada titulación, a partir da próxima semana", explica.

Tamén precisa que se fará "salvo os Premios de Excelencia da UDC ás mellores notas de admisión nos graos que se entregarán no Servizo de Estudantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta