"Verín dáche as": unha representación mural dos valores do concello

O concello ourensán vén de inaugurar un novo mural de gran formato realizado polo artista local Fernando Barreira. Segundo refire o autor: "parte dunha idea orixinal do Concello e representa varios dos valores dos que nos transmite esta institución municipal".

Por X.M. Fernández | Verín | 27/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, e mais Fernando Barreira, artista local creador da obra, estiveron días atrás presentando un mural de grandes dimensións --oito metros de longo por cinco de alto-- que representa un par de bolboretas --unha grande e outra máis pequena-- coas as despregadas. As pinturas están na Praza García Barbón. 

Mural de Fernando Barreira. Foto: Prensa Concello de Verín
Mural de Fernando Barreira. Foto: Prensa Concello de Verín

Seoane explicou durante a presentación que esta acción enmárcase no marco estratéxico do plan de humanización da vila. "O que buscamos con esta tipoloxía de accións é devolverlle a vida a certas zonas degradadas e transformalas achegando cor e alegría aos diferentes espazos, utilizando diferentes formatos de arte urbana".

O deseño está fortemente marcado polo inconfundible e único estilo de Fernando Barreira, sempre definido por unha gama cromática fortemente colorista que non deixa a ninguén indiferente. “Verín dáche ás”: amparándose neste  slogan, o autor destacou que "este deseño responde a unha idea orixinal do Concello e representa varios dos valores dos que nos transmite esta institución municipal" como son a seguridade ou a súa capacidade de empuxe estratéxico da vila e da súa cidadanía.

Aproveitando o acto de presentación, o autor lembrou que cede en exclusiva ao concello todos os dereitos de explotación da obra e adiantou tamén que obsequiará ao ente municipal cun deseño orixinal dun chaveiro coa marca Verín que será presentado en breve ao público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta