Prohibidas dende este venres as queimas agrícolas e forestais por risco de incendio

A Xunta suspende tamén os pemisos concedidos para estes días por mor das condicións meterolóxicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

As queimas agrícolas e forestais de particulares quedan prohibidas desde as 00,00 horas deste sábado debido ás condicións meteorolóxicas. Isto implica que, desde este xoves, non se expedirán máis permisos e os que xa foron concedidos quedarán en suspenso desde o próximo fin de semana.

O Executivo galego explicou que quedan exentas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios, por tratarse de actividades debidamente planificadas e que contan cos medios de extinción precisos. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Tamén, tívose en conta que a normativa pola que se regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, a protección dos asentamentos no medio rural e a regulación de aproveitamentos e repoboación forestais, prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pediu a colaboración da cidadanía para que extremen as precaucións e denúnciese calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento, dado que, desde este sábado e ata novo aviso, non estará permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería lembrou que a cidadanía dispón do número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Traballos forestais. XUNTA
Traballos forestais. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta