Publicada no DOG a convocatoria para máis de 2.000 prazas en educación

Contén as convocatorias de 2021 e 2022, e desenvolverase de acordo á formula anterior aos cambios do Ministerio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves o decreto polo que se aproba a oferta pública (OPE) docente para o ano 2022, que se acumula á anterior de 2021 e que, conxuntamente, suman 2.628 prazas en 61 especialidadas que se rexerán polo sistema de oposicións habitual e non polo cambio previsto polo ministerio. Un total de 927 son por taxa de reposición.

Nos próximos días, segundo informou a Consellería de Educación, publicarase a convocatoria das probas, que se celebrarán a partir do 18 de xuño para todas as prazas salvo 144, procedentes do extinto corpo de profesores técnico de FP, á espera da normativa estatal. O departamento autonómico explicou que as persoas que están a estudar oposicións poderán presentarse a un modelo de exame que xa coñecen e para o que se están preparando.

En caso das 144 prazas, para convocalas é necesario que o Ministerio de Educación publique a nova lei de Formación Profesional, de tal forma que quede claro cales das antigas especialidades do corpo de profesores técnicos de FP pasan ao corpo de profesores de ensino e cales ao novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP.

A Xunta "blinda" así este proceso selectivo, ante da "falta de solidez" que presenta neste momento o borrador de real decreto presentado polo Ministerio de Educación, garantindo a celebración destas probas no verán, como é habitual. Adicionalmente, no terceiro trimestre do ano, publicarase un concurso de méritos que dea cumprimento ao cambio que consolide finalmente o Goberno central, e co que se superarán as 3.000 prazas convocadas en Galicia en total neste ano.

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela / XUNTA.  / Europa Press
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela / XUNTA. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta