Publicados os resultados definitivos das listas de selección temporal de enfermaría

O número total de aspirantes admitidos é de 25.404, o que representa un incremento do 7,73% con relación ao anterior ciclo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición deste xoves, as puntuacións definitivas do proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de persoal de enfermaría, enfermaría de 061 e persoal técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

O número total de aspirantes admitidos é de 25.404, o que representa un incremento do 7,73% con relación ao anterior ciclo. Entre eles, 11.770 corresponden á categoría de enfermeiro, 960 son aspirantes admitidos para vinculacións como enfermeiro do 061 e 12.674 da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Só resultaron excluídas do proceso o 0,71% das solicitudes de participación. O 10,41% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Con esta publicación, dáse cumprimento ao compromiso asumido pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas de anticipar a publicación dos resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías deficitarias e directamente vinculadas á atención sanitaria da pandemia.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Sergas, no apartado Emprego Público-Listados de persoal estatutario.

Enfermeira. XUNTA
Enfermeira. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta