A Deputación da Coruña promove un ciclo con concertos da historia recente da música en galego

Serán concertos que recuperarán repertorios dos sesenta.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/01/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O ciclo 'Pioneirxs da música galega' revivirá, a través de concertos en directo, álbums que marcaron a historia recente da música galega e en galego. Serán concertos únicos que recuperarán repertorios da década do sesenta, segundo informa o organismo provincial.

Estes dous primeiros concertos terán lugar no Teatro Colón o sábado 12 de febreiro, con Pilocha, e o sábado 5 de marzo, con Miro Casabella. As entradas serán gratuítas previa retirada a través da web do Teatro Colón.

Por outra banda, o organismo provincial informou do inicio das obras de remusealización do Forno do Forte de Buño, tras unha reunión do deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, coa concelleira de Olaría de Malpica, Marisol Branco.

A remusealización suporá a adaptación das tres salgas dedicadas actualmente a material etnográfico que pasarán a ser salas de exposicións temporais da olaría de Buño e orientadas a difundir este tipo de actividade.

Teatro Colón na Coruña
Teatro Colón na Coruña | Fonte: Coruña.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta