Feijóo participará de forma "activa" na campaña electoral de Castela e León e asistirá ao seu peche

A campaña comeza hoxe 28 de xaneiro e rematará o día 11 de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, terá unha participación "activa" na campaña electoral de Castela e León, que arrinca este venres, coa súa presenza, entre outros actos, no que protagonizará o seu partido o día 11, con motivo do peche de campaña.

Así o informou, en rolda de prensa, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quen asegurou que a súa presenza obedece á petición feita desde o comité de campaña autonómico de Castela e León. De Feijóo, dixo que se "implicará activamente" participando en actos de campaña, entre os que citou o do 11 de febreiro, con motivo do peche da mesma.

Farao, engadiu, para "sumar e achegar". "Está en xogo moito máis que un goberno autonómico", argumentou convencido de que o PP está en disposición de gobernar e de mandar "unha mensaxe" a Pedro Sánchez por parte de autonomías "maltratadas" polo Executivo central, expuxo. Tamén aludiu ás vitorias obtidas polos populares tanto en Galicia como en Madrid e mostrouse seguro de que se repetirán en Castela e León e, no seu momento, nas eleccións andaluzas.

A campaña electoral para os comicios do 13 de febreiro en Castela e León arrinca este 28 de xaneiro convertida nun campo de probas de face a futuros comicios para os grandes partidos, pero tamén para os de nova creación en varias provincias da España despoboada.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na presentación de Xacobeo 2021-2022 na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022, no Ifema de Madrid, a 19 de xaneiro de 2022
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na presentación de Xacobeo 2021-2022 na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022, no Ifema de Madrid, a 19 de xaneiro de 2022 | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antón

Pode quedar aló, para así irse achegando... Malo será que non lle podan dar un posto de recolle pelotas.