Tanxugueiras, con 'Terra', actuará de segunda na final do Benidorm Fest este sábado

A primeira actuación será a de Rayden.

Por Europa Press / Redacción | Benidorm | 28/01/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Rayden será o primeiro en cantar na final do Benidorm Fest este sábado, seguido de Tanxugueiras, con 'Terra'. Precisamente ambos acaban de lanzar este venres a súa colaboración conxunta 'Averno'. O certame concluirá coa actuación de Blanca Paloma.

A representante de España en Eurovisión Junior 2019, Melani García, foi a "man inocente" que elixiu a orde de actuación.

En concreto, a orde de actuación será: Rayden con 'Calle de la Llorería'; Tanxugueiras, con 'Terra'; Varry Brava con 'Raffaella'; Chanel con 'SloMo'; Rigoberta Bandini con 'Ay Mamá'; Xeinn con 'Eco'; Gonzalo Hermida con 'Quien lo diría' e Blanca Paloma con 'Secreto de Auga'.

Tanxugueiras pousan nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022. Joaquín Reina - Europa Press
Tanxugueiras pousan nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022. Joaquín Reina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta