Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 19:26
Galicia gañou un total de 49 empresas no ano 2021 por cambios de domicilio de compañías, segundo recolle un informe elaborado por Informa D&B. Tras concluír 2020 cun saldo positivo de 45 empresas, o pasado ano pechouse con 49 compañías máis que facturaron un total 3 millóns de euros.
Madrid é o destino preferente para as empresas galegas que saen do país. Á capital estatal vanse o 45%, seguida de Cataluña cun 12%.
Doutra banda, a Comunidade madrileña tamén é o principal destino de procedencia das que se instalan en Galicia, cun 47%; mentres que o 22% fano desde Cataluña.
COMERCIO INTRARREXIONAL
Por outro lado, o comercio intrarrexional en Galicia creceu máis que a nivel estatal, un 14%, fronte a media española do 10%, segundo datos achegados por Ceprede.
No caso de Galicia, segundo a análise de Ceprede, as exportacións interrexionais "consolidan" a súa tendencia positiva, cun ascenso do 47% (en algo máis de 5.000 millóns de euros), mentres que as importacións interrexionais crecen un 14,4% (superando por pouco os 2.000 millóns de euros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.