Aviso amarelo este domingo no sur da provincia de Ourense por temperaturas baixo cero

Meteogalicia apunta que as precipitacións podrían chegar a partir do xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2022 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Meteogalicia realizou un aviso amarelo que afectará este domingo, 30 de xaneiro, ao sur da provincia de Ourense por temperaturas que se prevén alcancen os 4 graos baixo cero.

En concreto, esta alerta vai desde as 00,00 ás 9,00 horas do domingo. Na xornada de sábado chegouse a alcanzar os -9 graos en Calvos de Randín e Xinzo (Ourense).

O anticiclón que afecta a Galicia cumprirá este luns tres semanas. Meteogalicia sinala que os modelos arroxan cambios que poden traer precipitacións de novo a partir do xoves.

Un grupo de animais nunha zona de campo nevada, a 8 de decembro de 2021, en Lugo, Galicia, (España). A borrasca Varra provocou a activación para todo o litoral galego dunha alerta laranxa por temporal costeiro e de alerta amarela por nevadas e. Carlos Castro - Europa Press
Un grupo de animais nunha zona de campo nevada, a 8 de decembro de 2021, en Lugo, Galicia, (España). A borrasca Varra provocou a activación para todo o litoral galego dunha alerta laranxa por temporal costeiro e de alerta amarela por nevadas e. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta