Pontón felicita a Tanxugueiras pola súa actuación: "Conseguiron algo moi importante"

"Non van a Eurovisión pero gañaron claramente o festival", opinou a líder nacionalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2022 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, felicitou ao grupo Tanxugueiras pola súa actuación no Benidorm Fest deste sábado, no que quedaron terceiras. "Non van a Eurovisión pero gañaron claramente o festival", destacou.

En declaracións aos medios ofrecidas con motivo da súa participación en Santiago nunha mobilización da CIG contra a reforma laboral, a líder nacionalista subliñou que, aínda que o trío conformado polas irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío non venceron, si conseguiron "algo moi importante".

"Uníronnos a todos e a todas desde o orgullo da nosa lingua, desde a nosa cultura, desde a potencia que se demostra cando confiamos en nós mesmos e nas raíces", explicou.

Ademais, a portavoz nacional do BNG trasladoulles o "orgullo" que sente "como galega" polo traballo que fixeron nos últimos meses e pola súa canción, 'Terra', "co que sentimos tan representadas".

A líder do BNG, Ana Pontón. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón. BNG | Fonte: Europa Press

"Só quero dicirlles que son as mellores", concluíu Ana Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta