Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 17:16
Un total de 187 licenzas para edificacións de nova planta concedéronse en Galicia en outubro de 2021, o que supón un 10% menos que no mesmo mes dun ano antes, segundo datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Deste xeito, construiranse 173 novas vivendas, neste caso supoñen un centenar menos que un ano antes, cando as licenzas foron para 274. A rehabilitación tamén sofre un descenso, con licenzas para 148 edificios, cando en outubro de 2020 foron 150. As vivendas a rehabilitar son 54, unha máis en comparativa interanual.
Pola súa banda, concedéronse licenzas para demoler 13 edificios (8 vivendas). En outubro de 2020 foron 20 edificios (12 vivendas).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.