La Resistencia coas Tanxugueiras: "Foi un tongo incríble, tanto artístico como democrático"

David Roncano fala abertamente de "engano absoluto" no Benidorm Fest.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 01/02/2022 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

De "engano absoluto". Así cualificou David Broncano, presentador de La Resistencia, a gala do Benidorm Fest na que resultou elixida Chanel e non as dúas favoritas, as Tanxugueiras e Rigoberta Bandini

As Tanxugueiras no programa de La Resistencia, con David Broncano
As Tanxugueiras no programa de La Resistencia, con David Broncano

Aida, Sabela e Olaia foron convidadas vía videoconferencia no programa deste luns onde estivo en directo Inés Hernand, unha das presentadoras do festival. Durante o programa, o presentador asegurou que se produciu un "tongo incríble, tanto artístico como democrático" e o público aplaudiu cando indicou que Televisión Española lle roubou. Broncano, ademais, interesouse por saber quen eran os membros do xurado que deran a vitoria a Chanel. 

"Quen eran os expertos? Sei que che estou pondo nun compromiso porque non podes 'rajar' pero non tiña ningún sentido, había cancións guapísimas, como a das mozas galegas... até mandei un sms eu. Pero foi un voto nesgado por uns expertos que atoparon nun polígono en Fuenlabrada", reprochou Broncano á súa compañeira Inés Hernand. A colaboradora da Resistencia, que tamén traballa en distintos formatos da cadea pública e que mesmo estivo involucrada no festival, tentou defender a dinámica do Benidorm Fest.

"SALSEO"

Hernand asegurou que durante o Benidorm Fest houbera moito "salseo" e convidou ás Tanxugueiras a comentar algún das murmuracións que non transcenderon. "Nós non pero hai xente que si, non imos dicir máis", asegurou Olaia Maneiro, ao que Aida Tarrío engadiu: "Se queredes saber salseo, tedes que levarnos alí en persoa a La Resistencia", engadiu.

APOIO Á GAÑADORA

Por outra banda, as Tanxugueiras publicaron nas súas redes sociais un tuiter en apoio á vencedora logo das críticas recibidas tras a súa victoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta