A conselleira de Medio Ambiente dará explicacións por unha reunión "abandonada"

O encontro do Consello Galego de Medio Ambiente daba cabida a representantes políticos e sociais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2022 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responderá as preguntas do BNG e do PSdeG sobre a política de vivenda do Goberno galego no próximo pleno da Cámara galega, que se celebrará os días 8 e 9 de febreiro. A sesión arrincará coa comparecencia a petición propia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que abordará as políticas do Goberno galego en relación ao cambio climático.

A esta comparecencia a petición propia acumularáselle a formulada polo BNG para que dea conta do sucedido na reunión do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible celebrada o pasado 26 de xaneiro. Un encontro que, segundo os nacionalistas, a conselleira abandonou.

Reunión da Xunta de Portavoces. PARLAMENTO DE GALICIA
Reunión da Xunta de Portavoces. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta