As axudas para enerxías renovables chegarán a Galicia antes do mes de abril

Así o apuntou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a respecto dun paquete de 8'8 millóns orientado á xeración térmica de enerxía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asegurou que o fondo de preto de 8,8 millóns de euros destinados a subvencionar proxectos de xeración de enerxía térmica con fontes renovables para distintos sectores da economía e da administración pública, estará dispoñible antes do final de marzo.

Esta convocatoria de axudas, aprobada polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), estará vixente ata decembro de 2023, indicou Miñones. Ademais, o delegado lembrou que, en "en liña coas políticas do Goberno de apoio aos municipios de Reto Demográfico", elevarase nun 5% a subvención para aqueles proxectos que teñan orixe en concellos de menor poboación.

O delegado engadiu que "en función do número de solicitudes presentadas, o Ministerio pode ampliar os fondos dispoñibles inicialmente, xa que o que se pretende é que ningún proxecto viable quede sen financiamento".

Miñones tamén apuntou que esta convocatoria é "unha oportunidade para aquelas pequenas empresas que empregan moitos recursos e custos eléctricos para manter a cadea produtiva de frío ou calor e os sistemas de almacenaxe". Nesta liña, falou de que a convocatoria ten un dobre obxectivo: "por unha banda contribuír ao proceso de descarbonización da economía e, por outra e non menos importante, diminuír os custos das empresas e aumentar a súa competitividade no comprado".

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fai  balance do PGE para Galicia en 2022. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fai balance do PGE para Galicia en 2022. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta