O sector das festas e verbenas, esperanzando ante o anuncio do final das normas máis restritivas

Este mes quedará anulado o protocolo de espectáculos que rexe para este sector.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O presidente de Servizos de Festas de Galicia (Serfega), José Veiga, mostrouse esperanzado coa posibilidade de que volvan as verbenas e festas populares nos próximos meses, despois de varias reunións con distintos departamentos da Xunta --dixo-- que lle acabaron comunicando que este mes quedará anulado o protocolo de espectáculos que rexe para este sector.

Varios traballadores do sector galego de festas e verbenas participan cunha pancarta nunha concentración, a 28 de abril de 2021, en Santiago de Compostela
Varios traballadores do sector galego de festas e verbenas participan cunha pancarta nunha concentración, a 28 de abril de 2021, en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

José Veiga destacou que se mantiveron varias reunións nas que mostraron que sentían "discriminados" con respecto a outros sectores de ámbito similar --por exemplo, os concertos de pé están permitidos, con certificado covid se superan as 500 persoas de pé en exteriores ou se se venden ou consomen alimentos--.

Veiga denunciou que o protocolo de espectáculos "non permitía barra" pegado á zona de baile, por exemplo, e outras cousas que consideraron "ilóxicas pola evolución da pandemia".

O responsable desta entidade que aglutina empresas de diversa índole --desde colocación de carpas ata empresas de son-- dixo sentir "orgullo" de participar en reunións para "poder conseguir que isto volva á normalidade un pouco, como en todos os sectores". "Acábannos de comunicar que o protocolo quedará eliminado", manifestou.

Por iso, animou ás comisións de festas a que empecen a "contratar e a organizar con tempo as súas festas patronais, porque van volver a unha normalidade, dentro do lóxico, como era en 2019.

"Unha vez que nos saquen este protocolo inxusto, imos poder celebrar as festas", subliñou, mantendo protocolos e normas anteriores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta