Parte dos médicos de reforzo en atención primaria estarán nunha central na Estrada e outros, en centros de saúde

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2022 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

A situación da atención primaria, como o ámbito asistencial que se revelou con sobre carga, en palabras do propio titular de Sanidade, Julio García Comesaña, centrou a reunión da mesa sectorial que mantiveron este martes a directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña, cos sindicatos con representación, CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT.

Centro de saúde, atención primara
Centro de saúde, atención primara | Fonte: Europa Press.

Entre outras cuestións, o encontro serviu para avanzar na definición das funcións que asumirán os técnicos de saúde, pensado para os médicos que aínda non teñen especialidade --que non poden desenvolver tarefas asistenciais-- e que se encargarán de realizar cuestións burocráticas.

A semana pasada, o conselleiro de Sanidade informou de que se anotaron 150 persoas, pero non se concretou a cantos se contratará finalmente, un dato que, segundo fontes sindicais, tampouco se deu a coñecer polo momento aos sindicatos.

En todo caso, concretáronse as funcións do persoal técnico de saúde de atención primaria, particularmente as vinculadas á pandemia da covid. Así, realizarán tarefas de seguimento no caso e xestión de baixas laborais, descargando desta forma de tarefas burocráticas ao persoal médico de familia, para que se poida "centrar" na parte clínica da actividade.

Estes profesionais poderán desenvolver o seu traballo ou ben a nivel central, con sede na localidade da Estrada, onde está situada a sede de Urxencias Sanitarias-061, ou a nivel periférico, desenvolvendo funcións de apoio director aos profesionais nos propios centros sanitarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta