Localizados dous cadáveres nas termas romanas de Bande e nunha leira de Ordes

Ningún dos falecidos tiña signos de violencia.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/02/2022 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O 112-Galicia informou este mércores da localización de dous cadáveres de dous homes, que non presentaban signos de violencia, e que foron achados por veciños nos municipios de Bande (Ourense) e Ordes (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, no caso de Bande foi un veciño o que alertou a Emerxencias tras atopar cara ao mediodía o corpo sen vida dun home flotando en augas das termas romanas.

O persoal do CIAE deu aviso ao GES de Lobios e á Garda Civil. Así mesmo, puxéronse os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que valorou o envío dunha dotación a bordo do helicóptero medicalizado que ten base en Ourense. No entanto, a medida foi anulada ao confirmarse que a persoa estaba falecida.

Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que o falecido é un cidadán portugués e que non presentaba signos de violencia, polo que a principal hipótese é que se trate dunha morte natural.

Por outra banda, foron tamén varios veciños os que chamaron ao 112 para alertar de que atoparan, pouco antes das 11,00 horas, o corpo sen vida dun home nunha leira de Ordes. O corpo foi localizado pouco antes das 11,00 horas deste mércores nunha leira da parroquia de Poulo. O Instituto Armado informou de que se trata dun home de idade avanzada, que tampouco presentaba signos de violencia.

Efectivos de emerxencias atopan un cadáver
Efectivos de emerxencias atopan un cadáver | Fonte: Radio Nordés

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta