'Alerta Hipoglicemia', un programa do 061 para axilizar o tratamento a pacientes

Para as persoas con enfermidade severa, esta medida pode resultar "vital" porque a través deste plan facilítase a identificación rápida dos síntomas e a aplicación do tratamento adecuado en caso de episodios graves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2022 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, presentou este mércores en Santiago o programa 'Alerta Hipoglicemia', un plan para que os pacientes de glucoxenose de Galicia se rexistren a través do 061 e facilitar o seu correcto tratamento e prevención en caso de emerxencia. Polo momento, o programa abriu o rexistro para a área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pero espérase que se termine ampliando a toda Galicia.

Os pacientes de hipoglucemia por metabolopatías poden sufrir episodios de convulsións, perda do coñecemento ou desorientación, moitos destes casos poden ser críticos, polo que, a través deste rexistro pioneiro en España, os servizos de emerxencia galegos poderán identificar rapidamente os síntomas e aplicar o tratamento adecuado.

Na presentación, tamén estiveron presentes o doutor e xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da área Santiago e Barbanza, Ángel Martínez Olmos, a directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira Pan, e o secretario da Asociación Galega para a Divulgación e o Empoderamento da Glicoxenose (AGADEG), Alberto Molares Vila.

Durante a súa intervención, o doutor Martínez Olmos explicou que no caso dos pacientes de hipoglucemia severa, esta medida pode ser vital, xa que durante un episodio grave moitos deles son incapaces de explicar o seu historial clínico para que se lles aplique un tratamento. Ademais, engadiu que a dixitalización dos historiais médicos en Galicia facilita en gran medida o fluxo de información e favorece a detección e tratamento precoz das enfermidades.

Pola súa banda, o representante de AGADEG animou todos os pacientes de glucoxenose a rexistrarse neste programa. Tamén, a directora da Fundación Galicia-061 explicou que tras o rexistro se realizará un monitoreo dos pacientes. Por último, Flores Arias asegurou que "está xustificado presumir" deste tipo de servizos que ofrece o Sergas. Así mesmo, insistiu en que Galicia destaca pola súa atención personalizada a pacientes de enfermidades raras ou específicas nos distintos niveis sanitarios.

Urxencias
Urxencias | Fonte: JCCM.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta