Feijóo cre que o apoio do PP á reforma laboral sería unha "irresponsabilidade"

Ve "sorprendente" que Cuidadanos a acepte e os socios do Goberno non.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/02/2022 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo en dúbida que a reforma laboral do Goberno vaia permitir crear emprego e asegurou que apoiala sería "un acto de irresponsabilidade" por parte dos populares.

A preguntas dos xornalistas, manifestou que se esta reforma fose do PP "non a votarían nin Podemos nin PSOE". "É rocambolesco que se faga responsable á oposición", engadiu tras aludir ao feito de que non sexa "aparentemente apoiada polos seus socios de Goberno".

"A situación política é de enorme demagoxia", argumentou tamén. Ao fío diso, cualificou de "sorprendente" que Ciudadanos "apoie" a reforma e "non os socios do Goberno".  "Unha política española camaleónica", concluíu o presidente galego para quen se o Executivo quería o apoio do PP tiña que contar con esta formación.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Ricardo Rubio - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta