O futuro da biomasa, protagonista na primeira xornada da feira Enerxética

Haber 251 firmas expositoras de enerxías renovables e convencionais que proceden de 13 países.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2022 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

As oportunidades de futuro que brinda o aproveitamento enerxético da biomasa foi un dos asuntos protagonistas na primeira joranda da feira Enerxétika 2022, que se celebra desde este xoves ata o vindeiro sábado no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda.

A inauguración do certame contou coa participación dos dous vicepresidentes da Xunta, Alfonso Rueda e Francisco Conde, quen incidiron na importancia de que Galicia conte con eventos destas características e que apelaron a garantir desde as administracións que a transición enerxética "sexa xusta".

A feira regresa tras o parón obrigado pola pandemia e faino nun espazo de case 4.000 metros cadrados que dá cabida a 251 firmas expositoras de enerxías renovables e convencionais que proceden de 13 países.

Ao longo dos próximos tres días, o recinto de Silleda acollerá máis de 80 conferencias, encontros e actividades sobre eficiencia enerxética, mobilidade sustentable, electrónica industrial, iluminación, materiais, equipos e servizos asociados ao sector enerxético.

Durante a súa intervención no acto de inauguración, o vicepresidente primeiro do Goberno galego, Alfonso Rueda, resaltou a importancia dun evento que chega nun momento crucial para o sector enerxético, ante un incremento dos prezos e un impás de transición que, segundo o responsable, "ten que ser xusta".

Pola súa banda, o número 'tres' da Xunta, Francisco Conde, incidiu en que o Goberno galego pretende "acometer unha transición xusta e planificada que permita despregar nova potencia renovable" como vía para xerar "un tecido industrial máis sustentable, xerar emprego e atraer investimentos".

A BIOMASA, A DEBATE

Tras a inauguración, as actividades desta primeira xornada tiveron no futuro do aproveitamento da biomasa uno dos pratos fortes. A través dunha mesa conducida polo presidente do Clúster da Biomasa de Galicia, Franscisco Javier Álvarez, varios expertos analizaron as oportunidades para o sector, analizado polo director da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), José Ignacio Lema.

Durante a sesión expuxéronse casos postos en marcha como a aplicación dunha rede de calor instalada nun centro da Xunqueira da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; ou as instalacións en granxas, invernadoiros ou servizos municipais.

Ademais deste encontro sobre biomasa, Enerxética tamén acolleu este xoves outras xornadas técnicas sobre asuntos como eficiencia enerxética para o sector municipal e privado ou o aproveitamento da calor en explotacións avícolas.

Os vicepresidentes da Xunta Alfonso Rueda e Frnacisco Conde na xornada de inauguración de Enerxética, no recinto feiral de Silleda. XUNTA
Os vicepresidentes da Xunta Alfonso Rueda e Frnacisco Conde na xornada de inauguración de Enerxética, no recinto feiral de Silleda. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta