Buscan por aire e por mar á muller de 57 anos desaparecida na zona do Faro de Mera

Na busca participa un helicóptero e o Grupo de Actividades Subacuáticas da Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2022 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O dispositivo de procura da muller de 57 anos desaparecida na zona do Faro de Mera, en Oleiros, retomouse este venres por terra, mar e aire.

Segundo explicaron a Europa Press fontes da Garda Civil, no operativo participan axentes da Garda Civil, da Policía Local, efectivos de Protección Civil e de Salvamento Marítimo.

O dispositivo, no que participa un helicóptero e o Grupo de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, ampliou este venres o perímetro no que se realiza a procura.

Dispositivo de procura dunha persoa desaparecida nos arredores do Faro de Mera (Oleiros)
Dispositivo de procura dunha persoa desaparecida nos arredores do Faro de Mera (Oleiros) | Fonte: Concello de Oleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta