A Valedora do Pobo investigará as queixas dos docentes por non poder coidar dos fillos con Covid

O STEG presentara unha queixa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/02/2022 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade terá que responder ante a Valedora do Pobo polo respecto dos dereitos do persoal docente para o coidado dos fillos, tras a queixa remitida polo STEG.

Neno nunha escola
Neno nunha escola | Fonte: XUNTA - Arquivo

Este sindicato lembra que o pasado 27 de xaneiro remitiu unha queixa para que instase á Consellería de Educación a recoñecer e informar debidamente, ao persoal docente, do seu dereito a gozar do permiso recollido na lexislación vixente, para o coidado de filla/o menor en illamento domiciliario ou corentena por COVID-19.

O STEG lemba que este dereito "responde a un deber inescusable de carácter público ou persoal, e relacionado coa conciliación da vida familiar e laboral".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta