As cegoñas xa teñen niños novos en Ourense polo San Blas

A Xunta instala varios niños en lugares afastados de edificacións ante a posibilidade de chegada de novas parellas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A sección de Patrimonio Natural da Conselleria de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, colocou dúas plataformas con niños de cegoña en lugares de paso destas aves para tratar de mantelas en zonas afastadas de edificacións. 

Niños para as cegoñas instalados en Ourense
Niños para as cegoñas instalados en Ourense | Fonte: Amigas das Cegoñas

 

"Agora soamente necesitamos que algunha das parellas de cegoña que sobrevoan a nosa cidade sentan atracción por tan boa proposta e ocupen estes novos niños, que a administración lles preparou por San Blas",  indican Amigas das Cegoñas nun comunicado ao tempo que piden protección para estes animais.

 

No ano 2020 a chegada da primeira parella de cegoñas, Auria e Ramón, sorprendeu na cidade de Ourense ao construír o seu niño, criando con éxito dous pitos, no alto dun guindastre.Desde entón foi habitual ver a estas aves na leira Deputación, na Farixa e no Cerviño.

 

No ano 2021 chegaron tres parellas, e realizaron as mesmas rutas de sedimentación. "Probablemente este ano próximo increméntese o número de parellas", indican desde a entidade que "se ofrece para atopar solucións compatibles coas aves".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Brais, san Brais.