Portugueses piden ás Tanxugueiras que representen ao país en Eurovisión: "Non hai fronteiras!"

Moitos veciños do país luso reclaman que as pandeireteiras participen no seu Festival da Canção.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/02/2022 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Non ter gañado a polémica final do 'Benidorm Fest' semella que non é un atranco para a carreira musical das Tanxugueiras, que logo de anunciar que estarán no SonRías Baixas seguen sumar novas datas. Esta mesma mañá as pandeireteiras galegas anunciaron que formarán parte do cartel do Festival Conexión, en Valladolid, e do Festlloc, no País Valenciano. E non son os únicos lugares dende onde as reclaman, pois aínda que máis calmados os ánimos e máis asumido que o trío galego non representará ao Estado español en Eurovisión, moitas voces piden que sexan as elexidas por Portugal.

Tanxugueiras pousan nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022. Joaquín Reina - Europa Press
Tanxugueiras pousan nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022. Joaquín Reina - Europa Press

Así o fixo saber OrgulloGalego vía Twitter, pois son varios os usuarios portugueses que a través das redes sociais piden ás Tanxugueiras participar no Festival da Canção:

"Irmás galegas, sodes as miñas verdadeiras gañadoras! Agora queremos que as Tanxugueiras a representar PORTUGAL na Eurovisao 2022... Non hai fronteiras", escribía un usuario portugués. Con todo, e, a pesar do apoio popular no país luso, non parece posible que as pandeireteiras poidan competir no festival, xa que o prazo para presentar as candidaturas expirou hai meses e as cancións candidatas para representar a Portugal xa foron elixidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta