Unha usuaria dunha residencia de maiores de Ferrol presenta unha novela que escribiu durante o confinamento

A conselleira de Política Social participou no acto e reinvindicou un "envellecemento activo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2022 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A Residencia de maiores pública de Ferrol, emprazada no barrio de Caranza, acolleu este venres a presentación do libro 'Escamas de mujer en un mar de silencios', do que é autora unha usuaria destas instalacións públicas, Sofía Díaz. No acto participaron a conselleira de Política Social, Fabiola García, e a nova delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros. A conselleira señalou que "un envellecemento activo incentiva ás persoas maiores a realizar novos proxectos e retomar aqueles esquecidos".

Arquivo - Unha residencia de maiores de Galicia.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha residencia de maiores de Galicia.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Así, Fabiola García agradeceu á autora a súa inquietude e ganas de compartir cos demais as súas aventuras e ensinos vitais, e aproveitou este acto para felicitar aos traballadores do centro público por incentivar a súa motivación e pór todo da súa parte para que Sofía Díaz emprendese o proxecto da súa novela durante os meses de confinamento.

REFORMA DA LEI DE INCLUSIÓN SOCIAL


Por outra banda, o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo este venres un encontro coa presidenta da Rede Galega contra a Pobreza EAPN-Galicia, Eloína Enxerto, e parte da xunta directiva desta entidade, para avanzar na reforma da Lei de Inclusión Social na que traballa a Xunta.

O obxectivo da administración autonómica é reformar a lei 10/2013 e reordenar o mapa de axudas de inclusión social, de maneira que a normativa se adapte ao novo contexto tras a posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital.

No encontro, o director xeral tamén informou aos responsables de EAPN sobre os fondos europeos e abordou coa entidade os proxectos que teñen previstos para mellorar a vida de persoas en situación de vulnerabilidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta