O novo Plan de Formación Continua para Persoal do Sergas conta con case 500 actividades

Entre as actividades que están na programación recóllense temas como a atención aos adolescentes, o manexo de pacientes covid críticos e a formación de titores especializados.

Por E.P. | VIGO | 04/02/2022 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o Plan de Formación Continua para o Persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que foi aprobado polo Consello da Xunta a finais de xaneiro e que conta con 484 actividades e un orzamento de máis de 730.000 euros.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, este plan foi elaborado de forma participativa, xa que a elección das actividades que o conforman baseouse na demanda dos profesionais do Sergas, que expuxeron as súas preferencias de formación por medio de enquisas.

"Outra das características máis significativas do presente plan é que a formación se vai focalizar na mellora de habilidades transversais que afecten, con carácter xeral, a distintas categorías", subliñou o Goberno galego.

Así, entre as actividades que están na programación recóllense temas como a atención aos adolescentes, o manexo de pacientes covid críticos, a formación de titores especializados, as habilidades de comunicación con enfermos e familiares ou a atención de urxencia a pacientes psiquiátricos.

En total ata 484 accións formativas, un 26,7% máis que no anterior plan do ano pasado, das que 212 serán impartidas de forma telemática.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XOÁN CRESPO | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta