'#LuarTanxugueiras' cun 19,1% da cota de pantalla, deixa "para a historia" a conexión con TVE

A TVG emitiu un comunicado no que reivindica que "nin para 'Lugar' nin para as Tanxugueiras hai fronteiras", xa que o programa que presenta Xosé Ramon Gayoso, e que neste 2022 cumpre 30 anos en antena, mostra que "segue conectando co público de todo o mundo e de todas as idades".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2022 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A TVG emitiu un comunicado no que reivindica que "nin para 'Luar' nin para as Tanxugueiras hai fronteiras", xa que o programa que presenta Xosé Ramon Gayoso, e que neste 2022 cumpre 30 anos en antena, mostra que "segue conectando co público de todo o mundo e de todas as idades".

Segundo informa, o '#LuarTanxugueiras' deste venres pola noite tivo unha cota de pantalla do 19,1% superando en máis de dous puntos a seguinte canle (A3), e duplicando case en auciencia a oferta de Telecinco.

Tanxugueiras foron as protagonistas do espazo, que tamén deixou "para a historia" unha conexión simultánea en directo entre dous programas de televisión de TVG e TVE.

E é que 'Luar' e 'As claves do século XXI' facilitaron unha conversación entre Tanxugueiras e Chanel, na que todas lanzaron mensaxes en defensa da música e contra os discursos do odio.

Ao longo de toda a emisión, a TVG recibiu mensaxes de todas as partes do mundo que ían aparecendo na pantalla, á vez que se mesturaban actuacións no estudio de varios artistas con homenaxes ás Tanxugueiras.

Tanxugueiras pousan nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022, no Miradoiro do Castelo, a 27 de xaneiro de 2022, en Benidorm, Alacante, Comunidade Valenciana (España). Benidorm Fest é un festival organizado. Joaquín Reina - Europa Press
Tanxugueiras pousan nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022, no Miradoiro do Castelo, a 27 de xaneiro de 2022, en Benidorm, Alacante, Comunidade Valenciana (España). Benidorm Fest é un festival organizado. Joaquín Reina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta