As Tanxugueiras apostan polos festivais da Galicia rural entrando no cartel do Canteira Fest

As persoas que merquen no comercio local de Vilaboa, obterán bonificacions nas entradas, mais aínda non esta dispoñible. As entradas poderanse adquirir a través da plataforma virtual enterticket.es.

Por Galicia Confidencial | Vilaboa | 06/02/2022 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

As organizadoras do Canteira Fest, deseñaron a programación para os dias 16 e 17 de setembro na canteira de Paredes, da que xa podemos confirmar as actuacions de Flow do Toxo, que recuncan unha vez máis no noso cartel e as Tanxugueiras, como as artistas galegas máis recoñecidas do momento.

Imaxe do Canteira Fest
Imaxe do Canteira Fest

As entradas sairán á venda coa fin de poder facer un control de acceso adecuado e aumentar a oferta cultural para do concello. As 200 entradas que saíron no formato promocional este pasado 4 de febreiro están a piques de esgotarse. Este primeiro formato será unha entrada de 17€ para os dous días do festival; o segundo formato sairá ao remate das 200 entradas promocionais como bono para os dous días por un valor de 22€ a entrada.

Tamén se anunciou que as persoas que merquen no comercio local de Vilaboa, obterán bonificacions nas entradas, mais aínda non esta dispoñible. As entradas poderanse adquirir a través da plataforma virtual enterticket.es.

Como nas anteriores edicións, "a formación en feminismo será un piar fundamental do evento, articulando diversos coloquios sobre as temáticas máis actuais no eido feminista". Asemade, este ano, centrarán a temática do festival nos feminismos de periferia, facendo fincapé nas experiencias vitais de mulleres feministas de diversas culturas.

Avanzarase máis sobre a programación paralela do festival durante as vindeiras semanas, así como a confirmación das diferentes propostas musicais que completaran o cartel do Canteira Fest 2022.

A organización sinala que "queremos continuar a medrar, para ofertar unha proposta cultural e feminista, con unha visión dende o rural pontevedres cara o mundo". Seguirán apostando polo "noso e achegando a Vilaboa artistas do País, pensamento crítico, perspectivas femininas e feministas de aquí". Tamén tentarán  "romper coas nosas fronteiras, tanto fisicas como mentais".

Por último, nesta edición "queremos achegar a Vilaboa, propostas muscais Galegas pero tamén contaremos con algún artista de forá do país, que confirmaremos en proximas semanas". Como sempre, as crianzas de menos de 12 anos, entraran de balde no festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta