Por E.P. | OURENSE | 06/02/2022 | Actualizada ás 14:58
O municipio de Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima de Galicia con -7,8 graos na mañá deste domingo, tras unha madrugada na que o sur da provincia de Ourense volveu a estar en aviso amarelo por frío.
En concreto, segundo datos da web de Meteogalicia, foi a estación meteorolóxica de Calvos a que, sobre as 8,10 horas, rexistrou os 7,8 graos baixo cero.
Tras esta, situáronse os medidores de Baltar, con -6,6 graos ás 9,40 da mañá; o de Xinzo de Limia, con -6 ás 8,30; e o de Verín, con -5,9 graos ás 8,40 horas.
Entre os valores mínimos da pasada madrugada tamén se coaron puntos do interior da provincia de Pontevedra. Así, a estación de Mouriscade, en Lalín, marcou 4,8 graos baixo cero --a quinta máis baixa de Galicia-- ás 9,00 horas.
Para a madrugada do domingo ao luns, Meteogalicia prevé de novo activar unha alerta amarela por frío ao sur de Ourense, onde os termómetros poderán volver esborrallarse por baixo dos -4 graos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.