Culleredo garda un minuto de silencio pola morte de dous veciños nun accidente de tráfico

Perderon a vida nunha saída de vía ocorrida ao redor das 04,00 da madrugada do pasado domingo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/02/2022 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O Concello de Culleredo (A Coruña) gardou este luns un minuto de silencio, ás 12:00 do mediodía fronte á casa consistorial, pola morte de dous dos seus veciños nun accidente de tráfico ocorrido durante a madrugada do pasado domingo en Abegondo.

Minuto de silencio fronte ao Concello de Culleredo pola morte de dous veciños nun accidente de tráfico
Minuto de silencio fronte ao Concello de Culleredo pola morte de dous veciños nun accidente de tráfico | Fonte: Concello de Culleredo.

Ademais do minuto de silencio, que finalizou cun aplauso, as bandeiras municipais ondearán a media hasta polo falecemento destes dous mozos, de ao redor de 35 anos de idade, naturais da parroquia de Celas. "Os nosos pensamentos están coa familia e amizades destes mozos. Descansen en paz", expresou o goberno local.

Os dous mozos, condutor e copiloto, perderon a vida nunha saída de vía ocorrida ao redor das 04:00 da madrugada deste domingo na DP-0103, en Abegondo. Unha terceira persoa que viaxaba na parte traseira resultou ferida de consideración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta