A Xunta pon en marcha puntos de información xuvenil nos sete campus universitarios

No punto habilitarase a activación do Carné Xove.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2022 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, en colaboración coas Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, impulsará puntos de información xuvenil itinerantes para "achegar os recursos, programas e axuda existentes enmateria de mocidade aos universitarios galegos". Este novo servizo comezará este martes e irá emprazándose polas diferentes facultades dos campus galegos ao longo dos próximos meses.

O Goberno galego pretende, con esta iniciativa, asesorar aos estudantes das tres universidades galegas. Neste punto, tamén se habilitará a activación do Carné Xove.

Na Universidade da Coruña comezará este martes a ofrecerse o servizo, no campus coruñés no Edificio Xoana Capdevielle, e no de Ferrol, no de Apoio ao Estudo. Pola súa banda, na Universidade de Santiago tamén empezará a funcionar o martes o punto de información, na facultade de Ciencias da Comunicación da capital galega; e en Lugo, o mércores na facultade de Formación do Profesorado.

Por último, na Universidade de Vigo haberá un punto de información o mércores na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense e na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra. O xoves estará na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo.

Estes puntos funcionarán en horario de mañá, de 10,30 horas a 14,30 horas, un día ao mes en cada campus, salvo na época estival.

Campus universitario de Vigo
Campus universitario de Vigo | Fonte: UVigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta