Máis do 60% dos profesionais de Otorrinolaringoloxía do CHUS secundaron unha nova xornada de folga

Así, mentres CC.OO. asegura que non se atenderon tres de cada catro citas para este martes, a xerencia rebaixa a porcentaxe ata o 53% das consultas externas programadas para este 8 de xaneiro. Pola súa banda, os servizos de cirurxía non se viron afectados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A undécima xornada de folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) tivo un seguimento do 61% ao ser secundada por sete dos 18 membros do persoal.

As cifras de seguimento achegadas por sindicatos e a xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza coinciden, pero non así no dato de citas suspendidas pola folga.

Así, mentres CC.OO. asegura que non se atenderon tres de cada catro citas para este martes, a xerencia rebaixa a porcentaxe ata o 53% das consultas externas programadas para este 8 de xaneiro. Pola súa banda, os servizos de cirurxía non se viron afectados.

Nun comunicado, Comisións asegura que os paros provocaron a suspensión de "máis de 600" citas desde o inicio das xornadas de protesta por un conflito no que, aseguran, a Xunta "continúa ausente".

Lembra que a pasada semana o Parlamento galego aprobou por unanimidade unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a abordar "de forma inmediata" esta situación, polo que afea ao Goberno galego que "non escoite" as demandas do poder lexislativo.

Ademais, o sindicato acusa á xerencia de adoptar "decisións arbitarias que prexudican á maior parte do serivicio", como a "designación a dedo dunha única persoa" para a formación no sistema de cirurxía robótica 'Da Vinci'.

Neste sentido, a federación de Sanidade de CCOO sostén que "outros hospitais galegos" forman a dous especialistas en intervencións deste tipo. Deste xeito, advirten que a decisión tomada en Santiago "repercute negativamente na competencia profesional dos membros do servizo e na atención sanitaria á poboación".

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta