Veciñanza de Cuntis denuncia que o concello debe 415.000 euros en préstamos con outras institucións

O concello de Cuntis atópase as portas da intervención por parte de Ministerio de Hacienda.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/02/2022 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O Pleno da Corporación de Cuntis aprobou o pasado xoves, cos únicos votos do grupo de goberno, o Orzamento Municipal para 2022. "O PSOE está a despregar unha intensa campaña publicitaria destes orzamentos, síntoma da necesidade de ocultar as súas carencias", denuncia a veciñanza de Cuntis.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita Cuntis xunto ao alcalde, Manuel Campos. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita Cuntis xunto ao alcalde, Manuel Campos. PSDEG

"O alcalde Manuel Campos é consciente da delicada situación financieira do Concello de Cuntis, froito dunha xestión económica irresponsable, como así llo veñen advertindo os sucesivos informes dos propios técnicos municipais nos últimos meses. Tanto é así que o concello atópase ás portas da intervención por parte do Ministerio de Hacienda", explican dende a asociación.

A xestión económica está marcada polas débedas a provedores municipais que se amontoan na conta 413 da contabilidade. Ante esta situación, e ante o reiterado incumprimento do Período Medio de Pago a Provedores, o Ministerio de Hacienda obriga ao Concello de Cuntis a acollerse ao Fondo Extraordinario de Pago a Provedores, que consiste nun crédito con intereses para liquidar as débedas contraídas e que implica un plan de axuste.

Nestes momentos, o Concello de Cuntis presenta unha débeda viva de 415.000 euros en préstamos sen intereses con outras institucións. Nos vindeiros meses deberá subscribir dous préstamos máis: un co Ministerio de Hacienda para liquidar as facturas pendentes da conta 413 e outro cunha entidade bancaria para reverter o Remanente de Tesoureiría Negativo.

"A xestión económica do PSOE hipoteca o futuro de Cuntis a fin de que o Alcalde garanta a súa promoción política. Susténtase na propaganda, no autobombo e na mentira mentres mantén ordenanzas fiscais sen actualizar, servizos continuados sen contrato, prazas vacantes sen convocar e provedores municipais sen cobrar", conclúen dende a veciñanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Vigués

Sigo sen saber quen é o secretario do PSOE en Galicia: Caballero-sobriño; Cabllero-tío, Formoso..?... O peor é que nin os afiliados do PSdeG o saben..