Galicia ten en marcha sete procedementos sobre abusos sexuais vinculados á Igrexa

Esta cuestión chegará ao debate parlamentario por mor das iniciativas da oposición, que tamén preguntará polas "desafortunadas declaracións" do presidente da Xunta ao respecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2022 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

A Fiscalía de Galicia remitiu á Fiscalía Xeral do Estado a información dun total de sete procedementos penais en tramitación sobre delitos de agresión ou abuso sexual a menores no seo de congregaciones, colexios ou calquera outra institución relixiosa.

Trátase de sete procedementos que están a trámite nos xulgados de instrución de Galicia, por mor de denuncias interpostas, segundo aclararon fontes consultadas por Europa Press. Nun comunicado, explica que as fiscalías "non teñen dilixencias de investigación penal propias nesta materia", é dicir, non se abriron actuacións de oficio.

A documentación remitida, sen que se detallasen con máis precisión os casos concretos, foi obtida das fiscalías territoriais de Galicia --provinciais e de área-- e inclúe sete asuntos incoados. A Fiscalía Superior de Galicia cumpre así co ordenado pola Fiscalía Xeral do Estado no seu oficio data 31 de xaneiro de 2022 e que daba de prazo ata o 10 de febreiro para cumprir con esta actuación.

En días pasados, La Salle informou de novas denuncias por abusos sexuais que se produciron nos anos 70-80, das cales dúas se rexistraron en Galicia.

PARLAMENTO

Doutra banda, esta cuestión tamén chegará ao debate parlamentario por mor de iniciativas da oposición --o BNG xa rexistrou unha batería de propostas e o PSdeG asegura que traballa niso tamén--, nas que tamén se preguntará polas palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respecto de abrir unha investigación no Congreso.

Concretamente, os nacionalistas rexistraron preguntas nas que reclaman aclarar se o presidente da Xunta "corrixirá ou rectificará" as súas "desafortunadas" declaracións nas que dixo que habería que investigar "calquera tipo de abuso" e incluír a "todas as institucións".

Cura
Cura | Fonte: AGC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Vou defender a Feixóo: o que el fai é repetir o argumentario que lle mandan de Madrid, non sei se por whatsapp, por telegram, ou por burofax. Investigar todos os abusos, non só os da igrexa católica, foi a condición do Pp para aceptar a comisión do Congreso (votaron en contra): a mesma técnica que a de negar a violencia machista e chamala "familiar", porque existen mulleres que matan.