Vox carga contra o proxecto '21 días co galego' e pide ao Goberno unha investigación

Esta campaña, que busca fomentar o idioma entre a mocidade e reducir a situación diglósica do galego, vén de ser tachada pola formación de extrema dereita como "delirante".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/02/2022 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Vox rexistrou no Congreso unha serie de preguntas ao Goberno de PSOE e Podemos pedindo medidas fronte á campaña da Xunta para fomentar o galego entre a mocidade, que os de Santiago Abascal tachan de "delirante".

Segundo Vox, esa campaña '21 días co galego' "cuestiona o uso do español por parte dos mozos e anímaos a cambiar de lingua", xa que "felicita aos que falan galego de forma cotián e en cambio pide reflexión aos demais".

Por iso, quere que o Goberno explique "que accións expón levar a cabo para evitar que se vulneren os dereitos constitucionais dos alumnos galegos cuxa lingua materna é o español". "Ten previsto o Goberno de España abrir unha investigación á luz dos feitos citados?", reza outro dos interrogantes.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante un acto electoral de Vox en Vigo (Pontevedra), a 8 de xullo de 2020. MVR
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante un acto electoral de Vox en Vigo (Pontevedra), a 8 de xullo de 2020. MVR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ixtlan

A estratexia de Vox et al. forma parte desa coñecida inversión da realidade tan propugnada nos últimos tempos. O delirio propio proxéctase sobre o alleo. A mensaxe entra porque existe un fondo ideolóxico españolista que ten simpatía entre certos sectores, e que as autoridades non se atreven a combater nestes tempos de rexurdir identitario españolizante.