Máis de cen usuarios contaxiados por COVID na residencia pública de maiores en Oleiros

Os 109 positivos da residencia de Oleiros representan o 40% dos 268 casos de covid que suman os centros de maiores da área sanitaria da Coruña e case o 17% do conxunto da Comunidade galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2022 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Un brote de covid-19 afecta á residencia de maiores de Oleiros, de titularidade pública, e ten nestes momentos a un total de 109 usuarios contaxiados. As cifras deste centro, no que residen 284 maiores, foron facilitadas por fontes da Consellería de Política Social, que este mesmo mércores difundiu o balance semanal de casos covid en residencias.

Desde principios de febreiro, a Xunta facilita o número de positivos en residencias aglutinados por áreas sanitarias e non desagregados por centro, patrón que seguira desde o inicio da pandemia.

Así as cousas, os 109 positivos da residencia de Oleiros representan o 40% dos 268 casos de covid que suman os centros de maiores da área sanitaria da Coruña e case o 17% do conxunto da Comunidade galega, que no último parte acumulaba 645 usuarios infectados.

CIG PIDE EXPLICACIÓNS A FABIOLA GARCÍA

Ante a situación na residencia de Oleiros, a CIG remitiu un escrito á conselleira de Política Social, Fabiola García, para solicitarlle que compareza "de inmediato" no Parlamento de Galicia para informar sobre este asunto.

A central nacionalista acusa á conselleira e os responsables do seu departamento na Coruña de "deixamento" e de ser responsables da "falta de persoal de reforzo, descanso, acumulación de tarefas, tensión laboral e escaseza de medios e recursos" que, din, padecen os traballadores dos centros residenciais.

Aseguran que esta situación "é común en todas as residencias" da provincia da Coruña "cunhas direccións que tentan tapar os buracos con boas palabras e falsas promesas".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, na Coruña.. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, na Coruña.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta