Machismo na loita pola presidencia do Remo Español: "Que experiencia ten esa muller á parte de ser ama de casa?"

O presidente da federación galega, José Manuel Seijas, apoia a un candidato que insulta a Pedro Sánchez, Pablo Casado e escribe comentarios machistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A asturiana Asunción Loriente leva como máxima dirixente da Federación Española de Remo desde 2018, e en 2021 foi ratificada con 54 votos a favor, nove abstencións e un voto nulo. Entón non houbo máis candidatos pero agora ten oposición, encabezada por un avogado de 65 anos, José Agustín Gómez-Raggio, autor de varios tuits nos que insulta a diferentes líderes políticos, entre eles Pedro Sánchez e Pablo Casado.

Imaxe de Asunción Loriente, presidenta da Federación Española de Remo
Imaxe de Asunción Loriente, presidenta da Federación Española de Remo | Fonte: El correo

Tamén fixo apoloxía da xenofobia, solicitando pechar todas as mesquitas en España, e pedindo que toda a poboación chinesa fora atacada por mor da orixe da pandemia de coronavirus.

Loriente enfrentouse a unha moción de censura o pasado mércores por parte de Raggio e secundado polas territoriais de Galicia, Asturias, Cantabria, Comunidade Valenciana, Andalucía e País Vasco saíndo victoriosa a presidenta tras non conseguir a maioría absoluta por un voto José Agustín Gómez Raggio.

JOSÉ MANUEL SEIJAS

O principal socio de José Agustín Gómez-Raggio é o presidente da federación galega, José Manuel Seijas, á fronte da mesma desde fai case catro décadas. Él considera que a moción de censura veu dada por "un cúmulo de cousas" e rexeita rotundamente as acusacións de machismo.

Non obstante, el mesmo fixo unhas declaracións sobre Loriente no diario El País. "Que experiencia ten esa muller á parte de ser ama de casa?". "As mulleres, como os homes, ou saben ou non saben, ou saben remar ou non saben, ou saben xogar ao fútbol ou non saben", explicaba o dirixente.

Os propios Seijas e Raggio din que non son machistas nin xenófobos, pero realmente non o son tras as declaracións feitas polos mesmos dirixíndose desa maneira a presidenta da Federación de Remo, Asunción Loriente ?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta