Feijóo sobre as eleccións en Castilla y León: "Non se presenta Casado, preséntase Mañueco"

Feijóo, quen se implicou a fondo na campaña de Mañueco e ten previsto estar tamén na xornada de peche, asegurou que confía en que o seu compañeiro de filas obteña unha vitoria electoral o domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2022 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, manifestou, tras ser preguntado polo impacto que podería ter un mal resultado nas eleccións de Castilla y León, para o futuro do seu xefe de filas no PP, Pablo Casado, que non é el quen concorre aos comicios, senón Alfonso Fernández Mañueco.

"Non se presenta Pablo Casado, preséntase Fernández Mañueco", sentenciou o presidente, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que destacou que eses comicios son "importantes" para Galicia porque "sempre" é relevante "o que pase nunha comunidade veciña" coa que comparte  intereses "estratéxicos".

"Imos ver que elixen o castelán leoneses e se poden ter un Goberno estable durante catro anos", reflexionou, antes de subliñar que "os gobernos son elixidos as urnas" e "a grandeza da democracia non é só a elección dun goberno, senón tamén a capacidade de cambialo.

Feijóo, quen se implicou a fondo na campaña de Mañueco e ten previsto estar tamén na xornada de peche, asegurou que confía en que o seu compañeiro de filas obteña unha vitoria electoral o domingo.

Feijóo, na rolda de prensa posterio ao Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo, na rolda de prensa posterio ao Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta